Malpica acondiciona o parque de Barizo mailo
de García Alén en Buño

Parques infantís
El Correo Gallego
Parque de Barizo despois do acondicionamento levado a cabo polo Concello. Foto: C.M.

malpica. O Concello de Malpica completou o acondicionamento do parque de Barizo e do Luciano García Alén de Buño. Seguen así os traballos que se iniciaron nas últimas semanas dentro do plan de acondicionamento de espazos públicos e áreas recreativas do municipio. Entre as tarefas que se realizaron figuran a limpeza do pavimento, a roza da masa vexetal e a retirada dos restos. Preténdese así preparar o entorno para o uso da veciñanza e dos visitantes durante os meses de bo tempo. Cómpre lembrar que o plan de acondicionamento de espazos públicos e áreas recreativas iniciouse hai unhas semanas e está en marcha xunto á limpeza da rede viaria municipal. Nesta liña, o goberno local explicou que “ó longo das vindeiras semanas seguiranse executando limpezas noutros espazos que a veciñanza emprega de xeito habitual”. c.m.