Malpica quere estreitar lazos co homónimo de Toledo

Política municipal
M. Lavandeira
Alfredo Cañizo entregó al párroco de Malpica de Tajo un cáliz da olaría de Buño. Foto: C. M.

Malpica. Os concellos de Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo (Toledo) seguen a estreitar lazos. O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, desprazouse ata o municipio homónimo a pasada semana, onde estivo varios días coñecendo o Concello manchego para concretar os detalles dun acordo no que se traballa dende hai varios anos.

Cañizo reuniuse con distintos representantes, entre eles, o párroco de Malpica de Tajo, ó que lle entregou un cáliz da olaría de Buño que foi bendecido polo Papa Benedicto XVI na súa visita a Santiago no Ano Santo 2010. Asemade, o tenente de alcalde repartiu tamén outras pezas feitas polos oleiros locais para que coñezan a artesanía da vila bergantiñá. M. Lavandeira