Mellora de estradas na Laracha

Infraestruturas
Cibrán Canedo
Obras de mellora viaria no Concello da Laracha. Foto: Concello da Laracha

A Consellería do Medio Rural e o Concello larachés veñen de rubricar un convenio de colaboración para mellorar a estrada do núcleo de Requesende, na parroquia de Golmar. A administración autonómica financiará integramente o proxecto, valorado en máis de 48.000 euros ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2020. O Concello, pola súa parte, comprométese a poñer en disposición da consellería os terreos necesarios para executar a actuación. O proxecto, segundo o alcalde, José Manuel López Varela, contempla a mellora da superficie de circulación coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente, e tamén o acondicionamento dos sobreanchos existentes a consecuencia da realización de diversos peches de parcelas.