O Casino 1889 convoca asamblea para o 2 de xullo

Será no Pazo da Cultura de Carballo e as persoas socias interesadas deben confirmar asistencia
Cultura
Redacción WEB
Exterior do Casino carballés, na rúa Vázquez de Parga. Foto: Maps.

Carballo. O Casino 1889 celebrará a asamblea xeral ordinaria o vindeiro venres 2 de xullo. Terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda. As persoas que queiran asistir deberán confirmar a súa asistencia no teléfono 645 896 772 ou no email casino1889@gmail.com. Tamén haberá a opción de asistir telematicamente a través dun streaming directo que se habilitará o propio día da asemblea, con solicitude previa. A maiores, dende a xerencia recordan que para poder participar será necesario que as persoas socias estean ao corrente no pagamento das cuotas.