O Concello carballés agasalla ás familias participantes na compostaxe doméstica

Recibirán unha planta aromática que poderán recoller este xoves ou domingo na rúa Coruña
compostaxe
Redacción WEB
Unha veciña da parroquia de Rus durante a entrega dun composteiro. Foto: C. de Carballo/ Arquivo.

Carballo. Carballo continúa crecendo en número de familias e establecementos que participan anualmente no programas de compostaxe doméstica. Así, nos últimos 12 meses, dende xuño do 2020, convertéronse en compost 450 toneladas de residuos orgánicos.

Como agradecemento pola colaboración, esta semana o Concello fará entrega dunha planta aromática a cada familia. Nesta iniciativa colabora o centro especial de emprego Dixardín, responsable do mantemento das zonas verdes de Carballo, que deste xeito se suma á promoción da compostaxe. O agasallo poderá recollerse o xoves 10 ou o domingo 13 na carpa que estará instalada de 10:30 a 13:30 horas na rúa Coruña.