O Concello de Malpica demanda máis matronas e pediatras

Onte celebrouse un acto reivindicativo, que forma parte das actividades para conmemorar o 25N
Sanidade
Redacción WEB
Xuntanza reivindicativa do goberno local de Malpica. Foto: cedida.

Malpica. Na mañá de onte, parte do goberno local do Concello de Malpica sumouse á reivindicación para reclamar un maior número de matronas e pediatras.

Este acto, celebrado diante da casa consistorial, enmárcase dentro dunha serie de actividades para conmemorar o Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, organizadas pola concellaría de Igualdade do Concello en colaboración coa de Servizo Sociais.

Na xornada reivindicativa participaron o alcalde de Malpica, Walter Pardo, o Concelleiro de Servizos Sociais, Sergio García, a Concelleira de Igualdade, Leticia Varela, a Concelleira de Educación, María Álvarez e o Concelleiro de Deportes, Miguel Varela.