O Concello larachés solicita a reapertura ao público da súa oficina de Correos os sábados

O horario modificouse tras decretarse o estado de alarma // O rexedor, José Manuel López Varela púxose en contacto coa Xefatura do sector
Correos
Redacción WEB
Oficina de Correos na Laracha, situada na Avenida de Caión. Foto: Maps.

A Laracha. Desde se decretou o estado de alarma pola COVID no mes de marzo, a oficina da capital municipal –situada na Avenida de Caión, fronte á Praza do Concello– modificou o seu horario e só permanece aberta ao público de luns a venres. O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, solicitou formalmente á Xefatura do sector da rede de oficinas de Correos en Galicia que a estafeta da Laracha volva a abrir ao público na xornada dos sábados. Deste xeito non se prexudicaría a aqueles veciños e veciñas que aproveitaban esa xornada para realizar os trámites necesarios.