O Congreso de Concellos 2030 celébrase a finais deste mes en Carballo

Sustentabilidade
ARCA
As autoridades e organizadores nun momento da presentación do congreso. Foto: C. C.

carballo. Carballo acolleu este venres a presentación do Congreso Concellos 2030, organizado polo Concello e Gestagua para ofrecer a todas as administracións comprometidas coa sustentabilidade un escenario común no que poder compartir experiencias nos ámbitos do ciclo integral da auga, a xestión dos residuos, a eficiencia enerxética e da mobilidade sostible. O Congreso Concellos 2030 celebrarase no Fórum Carballo os días 29 e 30 de setembro. A iniciativa conta coa colaboración de Urbaser e da Fegamp, dende a cal se está a canalizar o envío de información aos concellos. O obxectivo é reunir a técnicos, expertos, universitarios e políticos de toda a comunidade. Por cuestións de aforo, as prazas son limitadas e a reserva realizarase po rigorosa orde de admisión. Faráse través da web do congreso, https://concellos2030.gal/. arca