O cribado larachés detectou un total de quince positivos en COVID

Recolléronse 4.632 mostras de saliva, que corresponde ao 82,6% das persoas que foran citadas vía sms
COVID
Lorena Rey
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e o alcalde da Laracha José Manuel López Varela, o xoves durante o cribado que o Sergas levou a cabo entre a poboación larachesa. Foto: C. da Laracha.

A Laracha. O Concello larachés dou a coñecer na xornada deste martes os resultados do cribado (modalidade de test de saliva) realizado polo Sergas no parque empresarial da localidade, entre o xoves e o sabado da semana pasada. Foron un total de 15 persoas positivas en COVID, dun total de 4.632 mostras recollidas, que representan un 82,6% dos veciños e veciñas que foran citados (5.453). A franxa de idade ía dende os 15 e 65 anos de idade. Tamén foi chamado o profesorado dos centros de ensino do termo municipal.