O goberno de Laxe leva o orzamento este martes a un pleno extraordinario

Política municipal
ARCA
José Luis Pérez, alcalde de Laxe. Foto: J. M. R.

LAXE.O alcalde de Laxe, José Luís Pérez, explicou que tomou a decisión de levar os orzamentos do ano 2021 a un pleno extraordinario este próximo martes, sendo coñecedor de que nesta mesma semana tamén será o pleno ordinario, por tanto, o consistorio acollerá a vindeira semana dous sesións plenarias. O rexedor basa a súa decisión de sacar canto antes os orzamentos sen esperar ao pleno ordinario porque “é primordial sacar os proxectos que temos por executar, que por mor da pandemia do coronavirus que estamos a sufrir tivéronse que ir aprazando e para os cales se nos terminan os prazos de execución; e 48 horas na administración é moito tempo para desperdicialo”. Este orzamento do ano 2021 é de 2.680.265 € e ten un incremento de máis dun 6 % con respecto ao do anterior exercicio. arca