O polígono de Carballo acolle unha xornada sobre as novas Directrices da Paisaxe

Organizada pola FEGAPE, terá lugar o venres ás 11:30 no Viveiro de Empresas
Parques empresariales
Redacción WEB
Vista xeral do parque empresarial carballés. Foto: Xerencia polígono.

Carballo. O pasado mes de febreiro entraron en vigor as novas Directrices da Paisaxe de Galicia impulsadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Esta norma afecta, entre outras infraestructuras, ao polígono empresarial de Carballo en aspectos como os movementos de terra, materiais para a construcción de naves, iluminación ou características dos peches perimetrais. Así, a Federación Galega de Parques Empresarias (FEGAPE), en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio, organiza unha xornada técnica para abordar a influencia das novas normas. Celebrarase este venres ás 11:30h no Viveiro de Empresas do polígono de Carballo. A xornada está orientada a todos os axentes da provincia de A Coruña implicados no correcto desempeño urbanístico dos espazos industriais como poden ser administracións, asociacións de empresarios, empresas de construcción e obra civil. O evento contará cun aforo máximo de 15 persoas e tamén se poderá seguir de xeito online a través da aplicación Microsoft Teams.