Os peóns gañan espacio aos vehículos no campo da feira de Paiosaco

humanización
M.B.
Unhas da rúas de Paiosaco, na Laracha, na que están previstas obras para peóns. Foto: CDL

A Laracha. A Xunta de Galicia acaba de adxudicar por algo máis de 107.000 euros, IVE incluído, o contrato para acometer varias actuacións de mellora na contorna do campo da feira de Paiosaco, no Concello da Laracha. En concreto, a intervención prevista, cun prazo de execución de catro meses, centrarase nas rúas Xosé Loureiro González, Xosé Neira Vilas e Álvaro Cunqueiro así como na praza Campo da Feira, localizadas en pleno núcleo urbano e polo tanto, nunha zona bastante frecuentada pola veciñanza. Os traballos teñen como obxectivo crear uns espazos urbanos máis amables para os peóns, ampliando as actuais beirarrúas e construíndo tramos novos e accesibles onde non as hai; e reducindo á vez o tráfico rodado que soporta este ámbito. En definitiva, trátase de gañar máis espazo para os viandantes en detrimento dos vehículos. m.b.