Repunte de pintadas e grafitis en instalacións municipais da Laracha

Vandalismo
Jose Manuel Ramos
Fachada lateral da biblioteca municipal da Laracha. Foto: Concello da Laracha

BERGANTIÑOS. O Concello da Laracha lamenta e mostra a súa preocupación tras detectarse nas últimas semanas un repunte de pintadas e grafitis na vía pública “que implican danos importantes en edificios, instalacións e mobiliario urbano e un deterioro da imaxe do municipio”, afirman. Estes actos vandálicos estanse a rexistrar maioritariamente nos núcleos urbanos e, principalmente, na capital municipal. Afectan tanto a muros e fachadas de inmobles de titularidade privada como a edificios públicos. Os máis afectados son a fachada exterior da biblioteca da Laracha -cuxa superficie é de pedra, o que dificulta a eliminación das pintadas-, as marquesiñas, os parques infantís e o paseo fluvial do Anllóns. A Policía Local solicita a colaboración cidadá para identificar aos autores, que poden ser sancionados con ata 3.000 euros. J. m. r.