Sete novas prazas de aparcamento para vehículos pesados no polígono carballés

Sitúanse na rúa Wolframio, en dirección saída // É unha medida que pretende racionalizar o uso de espazos e aumentar a seguridade vial
Obras
Redacción WEB
Prazas de párking na rúa Wolframio. Foto: Xerencia Polígono.

Carballo. O parque empresarial de Carballo ten, dende a semana pasada, sete nova prazas de párking para vehículos pesados, situadas na rúa Wolframio, en dirección saída. Trátase dunha medida da comunidade de propietarios que ten como obxectivo racionalizar o uso dos espazos e mellorar a seguridade nos viais do poligono. Ao mesmo tempo, sigue en marcha o proxecto do Concello de urbanizar a esplanada ubicada a carón do campo de fútbol cun amplo número de prazas para camións.