Teatro para despedir o programa cultural de Nadal en Coristanco

A obra “O Nadal na fraga” representouse hoxe no Edificio de Servizos Múltiples // Os nenos e nenas tamén participaron en obradoiros de repostaría
Teatro
Redacción WEB
Obradoiro de madalenas e galletas para os máis pequenos/as. Foto: C. de Coristanco.

Coristanco. Esta mañá concluíu o programa de Nadal Cultural no Concello de Coristanco. O Edificio de Servizos Múltiples acolleu a representación de teatro e títeres “O Nadal na fraga”, na que en plena natureza, unha parella de irmáns visten de Nadal unha árbore do monte e especies de animais axúdanlles nese labor.

Durante estas xornadas os nenos e nenas inscritos puideron participar en obradoiros de madalenas e galletas, elaboración de broches de nadal e pinzas decorativas. Para cumprir as medidas sanitarias pola COVID, os nenos e nenas estiveron distribuídos en grupos de seis participantes por obradoiro.