Último día da ITV agrícola na Laracha

ITV
Jose Manuel Ramos
Vehículos agrícolas pasando a ITV na praza Olonne sur Mer, da Laracha. Foto: Concello da Laracha

A Laracha. A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas volve hoxe á praza Olonne sur Mer da Laracha. Será a última das tres xornadas de atención previstas, logo de que o xoves e o venres rexistrase unha notable afluencia, especialmente de tractores. Os interesados poden reservar cita previa na web www.sycitv.es ou chamando ao teléfono 902 309 000. Hai que lembrar que o pasado día 6 de novembro tamén estivo na capital municipal unha unidade móbil da ITV especial para a revisión de ciclomotores. M. RAMOS