Un espectáculo teatral e un documental serán os protagonistas esta fin de semana no Casino1899

Fran Naveira e Xabier Maceiras presentarán “Porlier en Pastoriza” // O domingo haberá unha proección e debate sobre o zapatismo
Cultura
Redacción WEB
As actividades culturais no interior do Casino1889 contarán con aforo limitado. Foto: Arquivo /Casino1889

Carballo. As sesións de teatro no Casino1889 continúan este sábado 8 de maio. Fran Naveira e Xabier Maceiras regresan á capital bergantiñá para presentar en formato audiovisual “Porlier en Pastoriza”, un espectáculo teatral e musical basado no alzamento liberal liderado polo mariscal Porlier contra Fernando VII en 1815 que o Colectivo Melandrainas representou en 2018 e 2019.

Será ás 19.00 horas, con acceso gratuito, ata completar o aforo.

Por outra parte, o domingo celebrarase o seminario “Orixes do Zapatismo”, ás 12.00 horas. Consistirá nunha proxección documental con debate. A actividade insérese no marco do programa da comitiva zapatista que partiu nos últimos días de México e que chegará a Vigo no próximo mes de xuño e pretende crear e coordinar un grupo de axuda ante a inminente chegada das compañeiras zapatistas á Galiza. Dende a xerencia do Casino1889 solicitan que se lle comunique no caso de estar interesado no seminario e non poder acudir.

A entrada será libre e por rigorosa orde de chegada, ata completar aforo.