A acusación de machismo enfronta a BNG e Zapato Veloz

Polémica
ARCA
Integrantes do grupo Zapato Veloz

A Estrada. A polémica pola acusación do BNG que calificou de machista a letra dunha canción do grupo Zapato Veloz, avívase tras recibir o voceiro nacionalista un comunicado do mánager do grupo musical, Juan Miguel Osuna, no que rexeita a acusación do candidato nacionalista, Xoan Reices, a quen acusa de divulgar unha noticia falsa “para fomentar el propio beneficio político y personal”.

O BNG afirma que no comunicado o mánager do grupo, cuxas pezas amenizaban unha das atraccións pagadas polo Concello da Estrada, emitía duras acusacións e descalificación contra Reices. “O tono no que está escrito, con numerosas faltas de respecto á miña persoa, é clarificador sobre a falta de capacidade argumentativa de quen o escribe”, di Reices, quen engade que non “entraba a valorar o estilo musical da canción, senón o contido das actividades levadas a cabo con cartos públicos, especialmente se están destinados aos máis cativos”. arca