A banda da Estrada celebra a súa festa o día 30

Banda de música
C.G.
Integrantes da banda municipal da Estrada

A ESTRADA. A Banda de Música Municipal da Estrada, celebra o vindeiro 30 de xullo a Festa da Banda na praia fluvial de Liñares. Está aberta a inscrición para ir pasar un día en familia cos músicos. O menú consistirá en empanada, pulpo, churrasco, postre, café e chupito. O precio son 30 euros para adulto, e 10 € para os menores de 10 anos. A recollida de tickets, pódese facer no Mesón da Estrada, ou no Asador Manxares, así como no teléfono 623 350 731 ata o sábado 23 de xullo. Na festa contarán coa charanga Mil9, que amenizará a sesión vermú a partir das 13.30 horas. Logo do xantar, continuará a festa coa participación da charanga, e dj Zana. Tamén haberá sorteos. C.G.