A Deputación supervisa as obras de seguridade na EP-8501 en Valga

Estradas
ARCA
O alcalde xunto ao deputado provincial. Foto: D. P. P.

Valga. O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez participaron nunha visita ás obras de mellora da seguridade viaria da estrada EP-8501 Valga-Martores, que se desenvolven na zona de San Miguel. Estiveron acompañando o deputado provincial de Infraestruturas, Gregorio Agís, así como aos técnicos de ambas administracións e responsables da empresa adxudicataria dos traballos, Narom S.L.

A actuación, que ten un orzamento de 424.000 euros, dos que a institución provincial financia o 70 %, afecta ao tramo comprendido entre a igrexa e a escola de Chenlo, un espazo especialmente sensible debido non só á presenza da escola rural do CRA de Valga, senón tamén polo paso do Camiño de Santiago. A Ruta e a estrada comparten trazado nun tramo de 260 metros no que construirá unha plataforma única sobreelevada de prioridade peonil e superficie de formigón coloreado. Disporá de bandas de lousa de pedra nos laterais. arca