A EMAE estrena o 8 no Teatro Principal a obra ‘Pastel de Escarapote’

Teatro
ARCA
Un momento da presentación da obra cos actores e a dirección da EMAE. Foto: Sangiao

A ESTRADA. O concelleiro de Cultura de A Estrada, Juan Constenla, presentou este venres no Teatro Principal a obra Pastel de Escarapote, unha comedia que estreará a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) os días 8 e 9 de outubro. Na súa intervención, Constenla destacou o papel da Fundación Cultural, “protagonista da maioría da actividade cultural e formativa que ofrece o Concello”, e animou á veciñanza “a achegarse a gozar do moito talento que engloba este elenco de auténtico luxo que se subirá ao escenario”. O reparto da obra está formado polos exalumnos Chelo do Rejo, Cristina Andrade, Pablo Chichas, José Antonio Valcárcel e pola profesora da escola Anabel Gago, que actuarán baixo a dirección da responsable da compañía Ibuprofeno Teatro, Marián Bañobre, coa colaboración de Lorena Rozados como axudante de dirección. arca