A Estrada asesorará á veciñanza sobre as axudas para a eficiencia enerxética

Aforro enerxético
ARCA
Gonzalo Louzao, a esquerda, concelleiro de Urbanismo

A Estrada. O concelleiro de Urbanismo da Estrada, Gonzalo Louzao, anunciou que o seu departamento apoiará aos veciños interesados en solicitar axudas autonómicas para tarefas de rehabilitación orientadas a mellorar a eficiencia enerxética en vivendas habituais, que serán convocadas no mes de maio.

Para optar a esas axudas, os solicitantes deberán presentar unha memoria e un certificado de eficiencia enerxética emitido por un técnico competente. Por iso, coa finalidade de facilitarlle á veciñanza a cumprimentación deste trámite, o departamento municipal de Urbanismo elaborará unha listaxe “de inclusión voluntaria” composta por técnicos capacitados para emitir ditos certificados.

“Independentemente desta listaxe, a xente poderá escoller calquera técnico colexiado, pero a nosa idea é elaborar unha relación o máis ampla posible, que se entregará como apoio ás persoas que o soliciten”, indicou. arca