A Estrada celebrará unha Gala do Entroido no Principal

O Concello cumprirá o protocolo covid e programa un carnaval no interior e sin desfile
Entroido
S. E.
A concelleira de Cultura, Lucía Seoana, presentado a programación Foto/Sangiao

A Estrada. O Concello da Estrad, a través da concelleira de Xuventude , Lucía Seoane, presentou o programa do Entroido 2022 que volve a estar marcado polo protocolo covid e vaise celebrar no teatro Principal. Así, o seu escenario acollerá o día 27 de febreiro, a partir das 18.00 horas, a Gala do Entoido, que repetirase o 1 de marzo.,

A Gala de Entroido contará coa actuación de Axé Abahía Batucada, Lume na Lareira e Padre Xiao, ademais das comparsas de San Miguel de Castro e a de CEIP Figueiroa, e a pouco convencional intervención dos Xenerais da Ulla sen os seus emblemáticos cabalos, esperable dada a localización do evento. Como fío condutor, o famoso estradense Isi será o encargado de presentar as diversas funcións.

Os interesados en asistir poderán facerse cos seus convites de balde a partir do luns 21 de febreiro no departamento de Cultura do consistorio, xa que ao ser un evento en interior manteranse as limitacións de aforo habituais, polo que o mellor é non arriscar e recoller as entradas con antelación. A concelleira sinalou que en caso de que algún estradense se quede fóra na gala do 27, non debe preocuparse, pois a intención é repetir o evento o martes 1 de marzo.

Indicar que a maiores das actuacións no Teatro Principal, o día da celebración da gala Axé Abahía Batucada e Lume na Lareira percorrerán as rúas da vila animando aos veciños coas súas músicas, para non perder o espírito festivo propio da época carnavalesca. s. e.