A Estrada foi o terceiro concello en Pontevedra en adopción de cans

Adopción
S. E.
Linda, a primeira cadela adoptada en 2021

A ESTRADA. A pesar da COVID, do confinamento e dos peches e restricións pola pandemia, o 2020 vén de converterse no mellor ano na historia do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación, como destacou onte a presidenta Carmela Silva. Non só polas excepcionais cifras de adopcións acadadas, 583, que levaron a romper o seu récord anual, senón tamén polo descenso no número de recollidas de cans e cadelas con respecto ao 2019, un total de 1.144. (2). Dentro da provincia de Ponteveda, A Estrada foi a terceira localidade en número de adopcións, con un total de 36, e só adiantada polas cidades de Vigo que ten o maior número (50) e de Pontevedra (46). A presidenta tamén destacou o éxito que están a ter as campañas desenvolvidas pola institución provincial para fomentar a adopción. s. e.