A Revolta do Umia chega cargada de propostas

Celebración
Claudina Estévez
A deputada provincial Victoria Alonso, á esquerda do cartel, xunto ao alcalde Manuel Campos (a súa esquerda), concelleiros, organizadores e veciños. Foto: A.R.U.

CUNTIS. Esta fin de semana Cuntis, en concreto a aldea Vilar de Mato, será escenario da cuarta edición de A Revolta do Umia. O festexo arrancará o venres 27 cunha cata sonora nun galpón na parte antiga do pobo. A música correrá a cargo do violinista Cibrán Seixo e Lugardelvino da Estrada fará a cata. Acto seguido proxectarase un documental no galpón e pola tarde actuarán Los Marcianos, Ratere e Lisdexia. A segunda e última xornada é o sábado, que arranca cunha andaina pola contorna, seguido dun pasarrúas pola zona e sesion vermú. De tarde haberá xogos no río e unha exposición fotográfica homenaxendo ás mulleres da parroquia. A partir das sete actúan Familia Caamacho, Agoraphobia, The Rapants, Fondo Norte, La Favorita e DJ Víktor Flores na sesión vermú. Tamén se fará un xantar. A deputada provincial de Cultura, Victoria Alonso, agradeceu o convite á presentación: “vivimos nunha provincia chea de cultura”. C.e.