A tarifa eléctrica centrou a charla estradense do director xeral de Consumo

Tarifa eléctrica
María Rendueles
Un momento da intervención do director xeral, centro, no MOME. Foto: Sangiao

a estrada. O director xeral de Consumo da Xunta, Manuel Heredia, participou onte no Museo do Moble e da Madeira da Estrada nun taller informativo sobre a nova tarifa eléctrica organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), en colaboración coa Federación Galega de Euroconsumo. No acto, no que tamén interviñeron a directora técnica da Escola Galega do IGCC, Montserrat Rodríguez, e o especialista en electricidade Andrés Breijo Cotelo, o director de Consumo da Vicepresidencia económica destacou a importancia deste tipo de iniciativas para dar resposta á cidadanía galega ante as posibles dúbidas xeradas polos tramos horarios da nova factura implantada polo Goberno central o 1 de xuño. Prevén celebrar un total de 58 talleres informativos cos que esperan chegar a 1.155.000 galegos e galegas. m. rendueles