Abre o prazo nas escolas infantís da Estrada

Escolas infantís
C.G.
O prazo finaliza o día 15. Foto: Pexels

A Estrada. A partir de hoxe queda aberto, ata o 15 deste mes, o prazo para solicitar un oco nas escolas infantís da Estrada. “Con todo, debido ós festivos, o prazo comezará a contar o luns 5”, sinalan fontes municipais. As persoas interesadas en formalizar solicitude nos centros poderán pedir o impreso nas escolas.

Para calquera consulta tamén se pode chamar ao teléfono 986 57 05 63. Unha vez pechado o prazo coas propostas presentadas, farase unha comisión para avalialas.

Publicarase unha listaxe con todos os admitidos, e de non presentarse alegacións, considerarase definitiva, sinalan dende o Concello. C.G.