Acordo millonario para minimizar o risco de inundacións en Valga

inundacións
ARCA
Inundaciones no municipio de Valga

VALGA. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou telematicamente co alcalde de Valga, José María Bello, o convenio de colaboración para acometer as actuacións para minimizar o risco de inundacións nos ríos Louro e Valga, que suporán un investimento autonómico de 1,25 millóns de euros. Trátase de intervencións estruturais para a mellora do espazo fluvial do río Louro entre a estrada autonómica PO-548 e a liña de ferrocarril; a mellora do espazo fluvial do río Valga entre a liña do ferrocarril e a rúa Devesa, e da protección da marxe dereita do río Valga ao seu paso polo municipio. Augas de Galicia asume integramente o financiamento da contratación da redacción e aprobación do proxecto e o Concello de Valga a posta a disposición dos terreos necesarios para as obras e a realización das xestións. arca