Actividades de prevención da dependencia na Estrada

Dependencia
ARCA
As responsables de Servizos Sociais de A Estrada

A Estrada. O Concello da Estrada abriu o prazo de inscrición para participar no programa de actividades de prevención da dependencia 2021 que permanecerá aberto desde o día 14 ata o 22 de setembro (ambos incluídos).

Os requisitos para participar nestas actividades son estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade (33 % ou máis). As solicitudes deben presentarse no departamento de Servizos Sociais, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada, e deberán acompañarse do certificado de discapacidade, de ser o caso. Se o número de solicitudes supera a previsión, atenderanse por orde de presentación. arca