Adxudican a redacción do proxecto de mellora do espazo fluvial do río Louro, no concello de Valga

Contrato
ARCA
Paso fluvial do río Louro

Valga. A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, adxudicou a redacción do proxecto de mellora do espazo fluvial do río Louro, entre a estrada PO-548 e a liña de ferrocarril, en Valga. O contrato, que foi adxudicado á empresa Novotec Consultores S.A., suporá un investimento de 18.000 euros e ten un prazo de execución de oito semanas. A empresa adxudicataria deberá definir as actuacións necesarias para acadar o obxectivo de mellorar esta contorna fluvial.

Trátase de impulsar as actuacións para reducir o risco de asolagamento no concello de Valga, deseñadas por Augas de Galicia no marco do plan de xestión específico de risco de inundacións para a área fluvial do río Ulla e río Sar, declarada de risco potencial significativo de inundacións. Coa redacción deste proxecto definiranse as medidas para o encauzamento do río Louro nunha lonxitude de preto de 600 metros desde augas arriba da estrutura baixo a estrada PO-548 ata a zona baixo a liña ferroviaria.

Este proxecto súmase ao adxudicado recentemente para desenvolver as actuacións para a protección da marxe dereita do río Valga. arca