Aproban modificacións de crédito por 246.800 euros en Vila de Cruces

Pleno Concello
ARCA
O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada

Vila de Cruces. O goberno de Vila de Cruces, que dirixe Luis Taboada, sacou adiante varias modificacións de crédito por un importe superior aos 246.800 euros no pleno ordinario celebrado o luns.

Un pleno que se antollaba importante, porque o grupo de Xuntos levaba varias propostas de modificacións de crédito, para desatascar as actuacións do goberno, tras estar a esperar a que a oposición achegase ideas e traballo para aprobar uns orzamentos conxuntamente.

Algo que foi “imposible”, segundo informa a concelleira de Facenda, Mireya Otero.

Así, segundo explican dende o Concello, Xuntos incrementa ao orzamento prorrogado a cantidade de 246.803,55 euros, que se sacan do remanente e que se utiliza para actuacións como o acondicionamento do vial no polígono do Camballón, e o proxecto de execución para a rede de abastecemento de auga nos lugares de Corredoira, Penela e Pazos, na parroquia de Oirós. arca