Axudas en Valga para material e transporte

Ayudas
ARCA
Casa do Concello de Valga

Valga. As axudasdo Concello de Valga para material e transporte escolar para o curso 2021/2022 poden solicitarse ata o 31 de outubro nas oficinas do Concello.

As subvencións para material escolar teñen como beneficiario ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil dos centros do municipio (colexio de Baño e Centro Rural Agrupado), mentres que as de transporte diríxense a estudantes de Bacharelato, FP, ensinanzas artísticas superiores, universitarios e alumnado con necesidades educativas especiais, sempre que cursen estudos que non se impartan no municipio.

Estas axudas tratan de favorecer a escolarización en centros públicos e a formación superior nas familias con menos recursos. arca