Caldas acolle este sábado o novo encontro de bandas de música

Bandas de música populares
ARCA
Banda de Música de Caldas de Reis

caldas de reis. No cadro do Festival Cultura Quente, este sábado, ás 19.30 horas celebrarase a XVI Xuntanza de Bandas de Música Populares Vila de Caldas de Reis, que terá lugar no paseo Román López, na entrada do Xardín Botánico. Nesta edición participan a Banda Artística de Merza, dirixida por Mateo Gómez Naval, a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, dirixida por Manuel Otero Paino, e a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, dirixida por Javier Penido Ferreiro. A xuntanza reúne a máis de 130 músicos que interpretarán pezas de música galega, zarzuela, pasodobles, mambo e outros. arca