Caldas activa un plan de compostaxe comunitaria

compostaxe
ARCA
Un dos centros de compostaxe instalados no casco urbano

Caldas de Reis. O Concello de Caldas de Reis continúa co seu plan de impulso da compostaxe con dúas charlas informativas e de sensibilización da veciñanza, para facer un maior uso dos catro centros de compostaxe comunitaria instalados no casco urbano para o tratamento dos residuos orgánicos biodegradables domésticos e pequenos restos vexetais.

Nas sesións, persoal técnico explica o funcionamento dos centros de compostaxe, os residuos que se poden ou non depositar, os beneficios ambientais e socioeconómicos, e resolven as dúbidas dos asistentes. Son abertas e terán lugar o martes, ás 18.00 horas, no centro comarcal da Tafona, e o xoves, á mesma hora, no auditorio. arca