Caldas de Reis potencia o servizo de recollida de voluminosos

Iniciarán no último trimestre unha campaña para reducir ao mínimo os residuos
Tratamiento de residuos
ARCA
Un operario recollendo os voluminosos

Caldas. O Concello de Caldas de Reis reforzou durante os últimos meses o servizo de recollida de residuos voluminosos xestionado a través do Servizo Municipal de Medio Ambiente. O Concello destaca que a mellora é notable logo da posta en marcha en xuño dun teléfono directo de avisos a través do que se están a atender máis de 60 notificacións de cidadáns ao mes. As incidencias poden trasladarse por whatsapp no 647 574 316 ou no mail avisos@caldasdereis.com.

Logo da activación desta canle de comunicación o Concello logrou reducir ao mínimo a presenza de obxectos e voluminosos abandonados sen aviso previo na contorna de contedores, mellorando o servizo de información interna sobre o estado dos contedores e incrementando a súa rápida retirada.

Os obxectos son recollidos gratuitamente a domicilio un día á semana e trasládanse á nave do servizo municipal onde son clasificados. Desde alí son entregados aos distintos xestores autorizados para cada tipo de residuos: Aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) como ordenadores, televisores e todo tipo de electrodomésticos ou fluorescentes; así como mobles, restos de madeira, colchóns, chatarra, etc. A maioría de solicitudes son atendidas en menos dunha semana e como máximo os voluminosos recóllense nun prazo de 10 días.

O Concello iniciará no último trimestre unha campaña de sensibilización para evitar o abandono indiscriminado de residuos no espazo rural e urbano. arca