Caldas inicia o saneamento no lugar de Paraimas

Saneamiento
ARCA
Un momento da visita ás obras

Caldas de Reis. O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, xunto cos concelleiros Manuel González e Jacobo Pérez visitaron este venres o inicio das obras de instalación da rede de saneamento de residuais no lugar de Paraimas, que se conectará coa depuradora de Saiar. Estas obras teñen un orzamento de 195.956,78 euros e están subvencionadas polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución das obras é de tres meses e foron adxudicadas polo Concello á empresa Construcciones, Obras y Viales S.A.

A nova rede proxectada é separativa de residuais e pluviais, e consta dun colector principal e cinco ramais que transcorren totalmente por viais públicos e dará servizo a un total de 43 habitantes.

O alcalde destacou “o esforzo do Concello para completar o saneamento do municipio e agradeceu o continuo apoio financeiro da Deputación para poder realizar estes investimentos. Vimos de finalizar a primeira fase do saneamento de Paradela cun orzamento de 288.000 € e xa estamos iniciando este saneamento en Paraimas”.

Pola súa banda, o concelleiro Manuel González, suliñou “o firme compromiso do equipo de goberno co medio ambiente”. arca