Caldas propón á Xunta varias alternativas para ampliar o Aquis Celenis

Educación
ARCA
Instituto Aquis Celenis que o Concello de Caldas quere ampliar para a FP. Foto: C. C.

caldas de reis. O Concello de Caldas ofreceu diversas alternativas á Consellería de Educación que permitan ampliar o IES Aquis Celenis e ofrecer ciclos de Formación Profesional. O alcalde mantén contacto permanente coa Consellería para estudar a viabilidade das diferentes propostas e mantén informados os grupos da oposición. O Concello instou por escrito á Xunta hai tres semanas a que concrete as necesidades de espazo e xa confirmou a súa dispoñibilidade para ofrecer terreos tanto nas proximidades do instituto como noutras zonas do municipio, coa opción incluso de poder acoller un novo centro específico para a FP. Dado que Augas de Galicia informou desfavorablemente a opción de ampliar o centro nos terreos colindantes, a Xunta está estudando a opción de ampliar en altura a edificabilidade do edificio. arca