Caldas reparte 70.000 euros en axudas aos hostaleiros

Ayudas COVID
ARCA
Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas

Caldas de Reis. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, anunciou que o Concello destina 70.000 euros do orzamento para axudar directamente ás empresas do sector da hostalería e restauración para compensar as afeccións económicas polas restricións establecidas a causa da covid. A finalidade das axudas é a de protexer e dar soporte económico de forma directa ós establecementos destes sectores para reducir o impacto da pandemia.

As bases da convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia do pasado venres, e o prazo para presentar as solicitudes de forma telemática é de quince días naturais a contar dende o sábado. Cada un dos establecementos solicitantes recibirá un importe de 750 euros. arca