Caldas terá brigada de extinción de incendios

Incendios forestais
ARCA
Brigadistas apagando un incendio forestal

Caldasr. O concelleiro de Medio Rural, Juan Carlos Ortigueira, avanzou que Caldas de Reis volverá contar durante o próximo verán, e polo prazo de 3 meses, cunha brigada forestal de prevención e extinción de incendios. O corpo estará integrado por un capataz forestal, tres peóns forestais e un condutor.

A contratación da brigada derívase do convenio asinado entre a Consellería de Medio Rural da Xunta e o Concello de Caldas para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais, cofinanciado parcialmente polo Feader no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-202. A selección de candidatos realízase desde a Oficina de Emprego tras remitirlle o Concello a oferta. arca