Caldas transformará a área do río Bermaña

Rehabilitación
ARCA
O alcalde, Juan Manuel Rey, xunto a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Foto: D. P. P.

CALDAS DE REIS. “Grazas porque este convenio, xunto a outras xestións anteriores, cumpren un dos meus soños como alcalde, a meta da transformación urbana de Caldas”. Con estas palabras o rexedor de Caldas, Juan Manuel Rey, subliñou a importancia do apoio do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra que permitirá a este concello abordar a mellora integral da área do río Bermaña. Rey asinou coa presidenta provincial, Carmela Silva, o convenio para a posta en marcha deste proxecto, cuxo orzamento total ascende a 579.793,58 euros, dos que a institución financiará 492.824,54 e o Concello 86.969,04 euros, e que permitirá a rehabilitación paisaxística deste espazo da localidade caldense, así como a mellora da accesibilidade e a seguridade viaria, segundo explicaron. O alcalde subliñou que “temos un agradecemento moi profundo porque en Caldas, mire cara onde mire, hai unha pedra posta a medias entre Deputación e Concello”. arca