Caldas vai colaborar coa Xunta para a ampliación do IES Aquis Celenis

Institutos
María Rendueles
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, junto ao instituto

Caldas de Reis. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, informou da recepción do borrador do convenio entre a Consellería de Educación e o Concello para a ampliación do instituto Aquis Celenis. O alcalde indicou que xa solicitou os informes técnicos dos servizos municipais de Urbanismo e Intervención necesarios para poder formalizar a sinatura do documento, e informou persoalmente á dirección do Instituto do contido do convenio. O alcalde manifestou a súa dispoñibilidade para asumir os compromisos plantexados no borrador do citado convenio, entre eles o outorgamento das licenzas de edificación correspondentes, sempre que as obras proxectadas cumpran as determinacións do planeamento urbanístico, e a bonificar o 95 por cento da contía do imposto municipal de construcións, instalacións e obras. m. rendueles