Caldas vaise tinguir de negro o 25-N

25-N
S. E.
A Caravana Morada contra a violencia pasou por Caldas

caldas de reis. A concelleira de Igualdade, Inés Fuentes, avanza que o Concello de Caldas de Reis sumarase por quinto ano á campaña ‘En negro contra as violencias’, no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o próximo 25 de novembro. A programación a nivel local desta campaña que agrupa a multitude de cidades e vilas organízase baixo o lema Caldas en negro contras as violencias e vai dirixida a centros educativos, comercio e cidadanía en xeral. Nesta edición contarase coa colaboración do Centro Comercial Aberto, coa Asociación de Profesionais da Praza de Abastos e coa Asociación da Hostalaría. Son, en total, máis de 90 establecementos comerciais ou entidades sociais as que xa se interesaron por participar na campaña e solicitaron o material gráfico. Inés Fuentes explicou que o propósito “é vestir de negro as tendas, as empresas, os bares, os postos do mercado, os balcóns e fiestras das vivendas co lema Caldas en negro”. s. e.