Caldas xa leva investidos tres millóns na súa rede de augas

Saneamento
ARCA
Tubos para as obras no lugar de Paradela, en Caldas

Caldas de Reis. O concelleiro de Medio Ambiente de Caldas, Manuel González, informou do avance do Plan Municipal de Saneamento de Augas Residuais, destacando que “o medio ambiente é o eixo vertebrador desta lexislatura e, en materia de saneamento, serán investidos máis de tres millóns de euros para achegar este servizo ao máximo de lugares do rural”.

Están xa executadas, ou en fase moi avanzada, obras por un total de 1.269.000 euros. Entre elas destacan a renovación do saneamento e a instalación do separativo de augas pluviais e residuais na rúa Real, no que invisten un total de 320.000 euros do Plan Concellos e da zona ARI.

Tamén están en execución as do lugar de Paraimas, cun orzamento de 196.000 €, financiados polo plan provincial, e xa está finalizado o saneamento e construción dunha depuradora en Paradela cun investimento de 289.000 euros. Así mesmo, acaba de ser adxudicado, por 373.000 €, o saneamento de Tivo, Castaños e Pazo, para conectalo á EDAR principal do casco urbano, nas Corticeiras.

Dentro dunhas semanas serán contratadas outras obras por 340.875 euros, e nos vindeiros meses asinarase un convenio con Augas por máis de 1,8 millóns. arca