Cesures terá novo pantalán e ampliará a escola de vela

Portos
ARCA
A presidenta de Portos, de frente, onte en Pontecesures

Pontecesures. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de contratar as obras de construción dun pantalán para servizo de pasaxe e a ampliación do da escola de remo no peirao do municipio pontevedrés de Pontecesures.

Así o comunicou onte pola mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha visita á zona na que estivo acompañada polo alcalde da localidade. A representante do departamento autonómico de Mar explicou que esta actuación dará resposta ás necesidades do servizo de transporte de pasaxeiros que ten lugar no peirao local e resolverá as necesidades dos usuarios da escola de vela.

Segundo explicaron desde Portos, as obras contan cun investimento de 100.000 euros e o seu inicio está supeditado á aprobación do Plan de Seguridade e Saúde. Estímase que poidan comezar a mediados do vindeiro mes e unha vez iniciadas contarán cun prazo de execución de dous meses. avelino arca