Charla sobre ‘Suicidio e xénero’ polo 25-N en Valga

25-N
María Rendueles
O auditorio de valga acollerá gran parte dos actos

Valga. Cunha charla informativa baixo o título Suicidio e xénero, en colaboración coa asociación Andaina Pro Saúde Mental, o Concello de Valga abre o luns, día 21 ás 10.30 horas no auditorio municipal, os actos programados para conmemorar o 25-N.

O programa continúa o día 24 cos Encontros en Radio Valga, donde a psicóloga do Centro de Información á Muller (CIM), Belén Gavín, disertará sobre A violencia de xénero, sinais do maltrato, causas e consecuencias. O mesmo día celébrase a sesión grupal do programa Redes en feminino, centrada no tema O amor no século XXI. Será ás 18.00 horas no auditorio.

Xa o venres 25, función de teatro Iriña bailarina, a cargo da compañía Teatro dos Ghazafellos e dirixida a alumnado do CEP Xesús Ferro Couselo e do CEIP Baño-Xanza. Ás 12.00 horas no Concello gardarase un minuto de silencio en respulsa polos asasinatos de mulleres vítimas da violencia de xénero. E pola tarde, a partir das 18.30 horas no auditorio, sesión de contos Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?.

E o sábado 26 se celebra Música contra a violencia. Concerto a cargo da Banda de Música Municipal de Valga, a partir das 20.00 horas no auditorio. maría rendueles