Charlas de investigadores galegos en Caldas e Lalín

Ciencia
C. G.
IES Aquis Celenis de Caldas de Reis

Lalín/Caldas. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra inician a vindeira semana o segundo bloque do III Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, dirixido a alumnado de Secundaria e Bacharelato. Estas charlas, que chegan a Caldas de Reis e Lalín, teñen como finalidade achegar a ciencia e fomentar as vocacións científicas.

O 17 de novembro, celebrase a charla no IES Aquis Celenis de Caldas, dirixida a alumnado de 2º de Bacharelato Científico. Versará sobre a transcendencia das Matemáticas na sociedade actual. O 18, no IES Laxeiro de Lalín e para 1º e 2º de Bacharelato de Ciencia e Tecnoloxía a charla afondará en como a auga residual se converte nun recurso de gran valor. C.G.