Conde destaca en Valga o importante papel da industria forestal na transición ecolóxica

Apoyo empresarial
ARCA
O conselleiro, primeiro pola esquerda, na empresa de Valga Foto: X. G.

Valga. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou onte, durante a súa visita á empresa Barton Maquinaria, na localidade pontevedresa de Valga, “o papel clave que pode desempeñar a industria forestal no proceso de transición ecolóxica” se conta coas ferramentas necesarias para “gañar en competitividade”. Por este motivo, explicou, desde a Xunta estanse promovendo este ano liñas de axudas para contribuír ao desenvolvemento da innovación, á formación e á comercialización de produtos neste sector. O obxectivo é chegar a máis de 165 empresas, 10 asociacións profesionais e beneficiar a máis de 1.500 traballadores.

Durante a Barton Maquinaria, especializada no deseño e fabricación de equipos e maquinarias para a industria madereira, Conde loou o traballo desta empresa familiar de terceira xeración: “É un exemplo de como a tecnoloxía está cada vez máis presente na actividade produtiva da industria forestal galega”, apuntou en referencia á súa modernidade, innovación e internacionalización.

Favorecer o desenvolvemento rural; impulsar un uso eficiente dos recursos autóctonos; complementar a cadea de valor da industria forestal galega, e contribuír á descarbonización e aos obxectivos da economía circular e á dixitalización son algúns dos retos que o sector forestal ten por diante e nos que quere colaborar a Xunta. Neste sentido, o vicepresidente económico tamén destacou que os fondos europeos Next Generation poden ser tamén unha “fonte de recursos excepcional”. arca