Convocan o premio Ferro Couselo de investigación

Premio
ARCA
Jesús Ferro Couselo

VALGA. O Concello de Valga convoca a XXIII edición do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, un certame que homenaxea a esta insigne figura da cultura galega e Fillo Predilecto do municipio co obxectivo de promover e incentivar os estudos actuais de investigación. Os traballos poden presentarse ata o 25 de abril nas dúas modalidades. Á primeira, dotada con 4.000 euros, poden concorrer traballos de ámbito galego, dentro das especialidades de etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía, historia e historia da arte. Deben estar escritos en galego e ser inéditos. A extensión mínima será de 50 folios e a máxima de 300. A segunda modalidade é unha bolsa de estudos para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio. Os participantes deben presentar un guion detallando os obxectivos. A bolsa está dotada con 3.000 €. O 25 % entregarase tras o fallo e o 75 % ao remate do traballo. arca