Cuntis denuncia
o colapso do seu centro de saúde

Sanidade
S.E.
Centro de saúde de Cuntis

CUNTIS. O Concello de Cuntis denuncia que a asistencia sanitaria “está nunha situación de precariedade e de falta de facultativos, o que provoca que os veciños teñan que ir ao PAC de Caldas de Reis”. Indican que a situación provoca que as urxencias sexan derivadas ao Hospital Montecelo de Pontevedra. “Ante esta situación na que se atopa inmersa a sanidade pública en Galicia , facemos fincapé en que as competencias son únicas e exclusivas da administración autonómica”. O alcalde Manuel Campos asegura que a situación no centro de saúde “e de total colapso”, e anuncia que se reunirá cos concellos veciños para abordar esta situación “dunha maneira conxuntas”. s. e.