Cuntis xa presume dun mellorado camiño de Pazo, que articula o rural

Obras
ARCA
Un momento da visita ao camiño de Pazo. Foto: D. P.P.

Cuntis. A veciñanza de Cuntis estreou estes días o mellorado camiño de Pazo, unha vía local de preto de 700 metros que comunica este lugar da parroquia de Couselo e articula todo o núcleo rural. As obras, cun orzamento duns 20.000 euros, foron financiadas polo Plan Concellos da Deputación. O deputado provincial Santos Héctor e o alcalde, Manuel Campos, visitaron as actuacións acompañados de concelleiros e veciños da zona. Durante a visita destacaron a calidade dunhas obras que dignifican os accesos á veciñanza que optou por residir no rural. As obras consistiron no fresado do pavimento anterior e a pavimentación con asfalto dun pequeno tramo, mentres que os accesos ás vivendas foron resoltos con formigón pulido, rectificando as cotas para que o pavimento quedase á altura das portas de tódalas vivendas. Ademais, o Concello acometeu as canalizacións para o saneamento das augas residuais e colaborou coa veciñanza para a nova rede de auga potable. Según explicaron, a Deputación leva investidos en Cuntis máis de 5,3 millóns dende que en 2015 cambiou o goberno provincial. O Plan Concellos achega este ano outros 600.000 euros para executar novas obras e servizos no municipio pontevedrés. arca